Corporación Radio e Televisión de Galicia

Corporación Radio e Televisión de Galicia

Producción y distribución audiovisual

Santiago de Compostela, Galicia / Galiza 2559 seguidores

Medios públicos galegos de comunicación

Sobre nosotros

A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) nace o 1 de xaneiro de 2016 como sucesora da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, que comezou as súas emisións en 1985. A súa sede principal está situada en Santiago de Compostela, capital de Galicia. A misión primeira da Corporación é mellorar e normalizar o uso do galego como lingua oficial e promover a nosa cultura a través da Televisión de Galicia (TVG), a Radio Galega (RG) e de soportes dixitais. A achega orzamentaria principal provén do Goberno autonómico de Galicia e complétase con ingresos por publicidade. A CRTVG retransmite as 24 horas do día, 365 días ao ano a través de dúas canles de TDT en HD, dúas por satélite para Europa e América e catro da Radio Galega. A isto súmanse outras fiestras en dixital, co portal crtvg.gal e outras canles temáticas asociadas que acollen os diferentes contidos da Corporación, como o espazo de series EnSerie.gal, ademais da presenza en multitude de redes sociais de información e entretemento. A CRTVG é membro fundador da FORTA e está asociada a CIRCOM e Celtic Media. Cuns servizos informativos líderes, encabezando as televisións rexionais e apoiada por unha sólida posición da Radio Galega e dos medios dixitais, a Corporación fomenta a innovación tecnolóxica no campo dos contidos dixitais e as canles temáticas, para consolidarse como o medio de comunicación audiovisual de referencia para a cidadanía galega. Así mesmo, é o medio de comunicación autonómico español que máis inviste no seu sector audiovisual rexional en canto a cine e series de televisión, segundo reflicten anualmente os datos da CNMC, colocando os seus produtos e a lingua galega nas principais plataformas de 'streaming' do mundo. O 96 % do que se emite na TVG é material feito en Galicia, xa sexa en forma de produción propia interna ou elaborado por empresas produtoras pertencentes á industria audiovisual galega.

Sitio web
http://www.crtvg.gal
Sector
Producción y distribución audiovisual
Tamaño de la empresa
De 501 a 1.000 empleados
Sede
Santiago de Compostela, Galicia / Galiza
Tipo
Empresa pública
Fundación
1985

Ubicaciones

  • Principal

    Rúa de San Marcos

    Santiago de Compostela, Galicia / Galiza 15820, ES

    Cómo llegar

Empleados en Corporación Radio e Televisión de Galicia

Actualizaciones

Páginas similares

Buscar empleos